Tres actores e un papel

0
223

Jude LawConfirmando un rumor que levaba tempo dando voltas pola Rede, axéncias de novas internacionais veñen de informar que Jude Law, Johnny Depp e Colin Farrell aparecerán os tres facendo o papel do defunto Heath Ledger no filme por rematar de Terry Gilliam The Imaginarium of Doctor Parnassus.

Os tres actores interpretarán o papel de Tony neste filme fantástico, que Ledger deixou inconcluso mentres o rodaba até que finou en xaneiro pasado. Ainda non está moi claro de que xeito poderán entrar os tres actores nun mesmo papel.

A rodaxe deste filme rematara en Londres e viña de se mudar a Vancouver, Canadá, cando foi suspendido por mor do pasamento de Ledger.

The Imaginarium of Doctor Parnassus descríbe-se coma un conto fantástico sobre unha compañía de teatro que pode controlar a imaxinación dos demáis.