Polaris

515

EPIC PICTURES / Polaris. No ano 2144, Sumi, unha nena humana criada pola Mamá Osa Polar, escapa por pouco da captura dunha brutal partida de caza dos Morad e lánza-se a cruzar a vasta paisaxe invernal. Cando atope á Nena Xeada, forxará unha improbábel amizade, e xuntas loitan contra os vingativos cazadores nunha carreira cara a única guía que Sumi coñece, a estrela Polar.