As Golden Girls viaxan ao futuro

497

O director da aclamada série da Netflix BoJack Horseman Mike Hollingsworth ven de crear Golden Girls 3033, un piloto de cinco minutos de duración para unha posíbel série de debuxos animados de ciéncia-ficción que versione a emblemática série da NBC dos anos 80 e 90 The Golden Girls.

O proxecto está baseado na ideia de que as catro protagonistas, Rose (Betty White), Blanche (Rue McClanahan), Dorothy (Bea Arthur) e mais Sophie (Estelle Getty) atoparon a fonte da eterna mocidade agocha nas instalacións da súa residéncia para maiores en Miami e agora son inmortáis e viven no ano 3033.

Para este piloto, Hollingsworth optou por non traer novas voces, e no seu lugar mesturou o áudio orixinal da série creada por Susan Harris con novas animacións e gags visuais, nun tón que relembra ao de Futurama ou The Jetsons.

O piloto está dispoñíbel en YouTube de xeito gratuíto, mentres que en Indiewire se pode atopar unha entrevista sobre o proxecto, na que Hollingsworth di que o obxectivo dos futuros episódios sería facer entregas duns trinta minutos cadanseu, creados por unha equipa de guionistas e animadores profesionais.