Ao se esgotar o mandato da última Xunta da Asociación Española de Fantasia, Ciéncia Ficción e Terror e ante o perigo da sua desaparición, ven de se presentar unha nova candidatura. A AEFCFT ficou baixo mínimos ao rematar o 2008 e concluir o seu mandato a Xunta actual, que pasou a sé-lo en funcións mentres se determinaba o destino da veterana asociación ao non ter-se presentado ningunha candidatura para renovar os seus órganos xestores. Finalmente, a última hora presentou-se unha, que haberá de ser refrendada polos sócios nunha xunta extraordinária, cuxo comunicado reproducimos a continuación.
Os membros da nova Xunta serán os seguintes:
- Presidente: Ángel Carralero
- Vicepresidente: Ramón Castillo
- Secretário e Vogal de Publicacións: Guillermo Morales
- Vogal de Relacións Exteriores: María José Castillo
- Vogal de Relacións Institucionais: Víctor Alós
- Vogal de Informática: Nacho Carmona
As revistas Pórtico e o Espora estarian a carrego da Xunta.
A Asociación Española de Ciéncia Ficción, Fantasia e Terror opera en España desde 1990 e é co-organizadora das Hispacons, congresos anuais españolas de ciéncia-ficción (que este ano ainda está por decidir sede, hai duas canditaturas, Guadalajara e Huesca), ademais de editar diversas antoloxias tanto en papel como en formato electrónico.