Alden Ehrenreich úne-se a Ironheart

748

Alden Ehrenreich, o actor protagonista de Solo e Brave New World, recibirá un papel aínda descoñecido, pero que seica será de salientar, na vindeira produción da Marvel Studios Ironheart que se poderá ver a través do servizo da Disney+.

Dominique Thorne é a protagonista da série no papel de Riri Williams, un persoaxe que nos cómics da Marvel é unha inventora xenial e creadora da armadura de combate mais avanzada dende a de Iron Man.

O cantante Anthony Ramos (a quen axiña veremos tamén en Transformers: Rise of the Beasts) está a bordo deste proxecto, que conta coa poetisa e libretista Chinaka Hodge coma guionista xefe.