Jeff Goldblum substituirá a Hugh Grant no papel de Zeus en Kaos, a próxima serie de Netflix, que é unha nova versión da mitoloxía grega en clave de comédia negra. Grant tivo que abandoar a rodaxe por mor de problemas de axenda.
Ambientada na época contemporánea, Goldblum interpretará ao aparentemente todopoderoso, pero desesperadamente inseguro e vingativo rei dos deuses que esperta unha mañá e descubre engurras. A neurose apodéra-se del e léva-o por un camiño perigoso e paranoico, xa que está convencido de que a súa caída se achega.
Pola súa banda, o seu antigo fiábel irmán, Hades (David Thewlis), está a perder en segredo o control do inframundo a medida que se amorean os mortos. E Hera (Janet McTeer), raíña dos deuses, decáta-se de que a crecente paranóia de Zeus a obriga a actuar.
O fillo rebelde de Zeus, Dionísio, (Nabhaan Rizwan), está fóra de control e vai camiño dunha colisión cósmica co seu pai. E mentres tanto, Poseidón (Cliff Curtis) está mais preocupado polo tamaño do seu super-iate e de onde é a próxima festa.
Tamén entran en xogo vários mortáis, coma Riddy (Aurora Perrineau), Orfeo (Killian Scott), Caneus (Misia Butler) e Ari (Leila Farzad).
Billie Piper, Rakie Ayola e Stanley Townsend tamén teñen papéis nesta série de oito episódios, que chega da man da guionista Charlie Covell (The End of the F***ing World). Georgi Banks-Davies e Runyararo Mapfumo dirixen e a rodaxe comezará a finais deste verán.