Após do seu enorme éxito de crítica coa película de debuxos animados independente Marcel the Shell With Shoes On, o escritor e realizador neoiorquino Dean Fleischer-Camp ven de recibir o encargo de dirixir unha adaptación híbrida de acción real mesturada con animación xerada por computadora do clásico filme da Disney do ano 2002 Lilo & Stitch.
Ademais, o hawaiiano Chris Kekaniokalani Bright está a negociar os derradeiros flocos do seu contrato para escribir o guión. O filme fora posto en primeira liña de desenvolvemento xa en 2018, cando Mike Van Waes era aínda o guionista.
A história orixinal vai sobre Lilo, unha rapaza de Hawaii que forma un estraño vencello con Stitch, un extraterrestre semellante a un can que foi deseñado para ser unha forza de destrución. Aínda que segundo os estándares modernos, o filme non constituíu un grande éxito nos despachos de billetes, o certo é que foi un punto de inflexión a salientar no estilo de animación para a Disney, que xerou várias secuelas que foron directas ao mercado de vídeo e mesmo unha série de televisión.
A persecución de áliens, os traballadores sociais, os vínculos familiares e por suposto a propaganda a prol dos controvertidos cans agresivos son os grandes temas deste filme. Para a nova versión, Dan Lin e Jonathan Eirich serán os produtores.