Dinklage entra nos xogos da fame

626

Peter Dinklage será Casca Highbottom, o decano da Académia, na vindeira precuela da franquía de The Hunger Games: The Ballad of Songbirds and Snakes que producirá a Lionsgate.

Dinklage será polo tanto o protagonista xunto a Tom Blyth (o mozo Coriolanus Snow) e Rachel Zegler (o tributo do Distrito 12, Lucy Gray Baird) nesta adaptación da novela orixinal de Suzanne Collins.

A história vai sobre o rapaz de 18 anos Coriolanus Snow, a quen se lle encarga a supervisión de Lucy mentres se achegan os décimos Xogos da Fame. Unindo os seus instintos para o espectáculo cos seus novos coñecementos políticos, a carreira contra o reloxo de Snow e Lucy para sobreviviren acabará revelando quen é un paxaro cantor e quen unha serpe.

Na história, Dean Highbottom é unha das persoas mais poderosas na vida de Snow. É a face austera e vingativa dos xogos, establecendo as regras que determinarán o destino de Coriolanus.

The Hunger Games: The Ballad of Songbirds and Snakes debutará nos cinemas de todo o mundo o 17 de novembro de 2023.