O reinício das Supernenas

480

The Powerpuff GirlsA Hanna-Barbera Studios Europe producirá un relanzamento da clásica série de debuxos animados da Cartoon Network The Powerpuff Girls. Craig McCracken, o creador da série orixinal, regresará para o proxecto, volvendo deste xeito á empresa na que comezou a súa carreira despois do seu paso pola Disney. As novas Supernenas cinguirán-se á súa fórmula, centrada en Blossom, Bubbles e Buttercup, tres superheroínas cuxa misión na vida é ir ao coléxio, loitar contra o crime, gañar ao peletre e salvar o mundo antes de iren á cama a durmir.