O día 1 no mundo silandeiro

146

A Paramount Pictures ven de anunciar que a data de estrea do seu filme A Quiet Place: Day One, a vindeira longametraxe spin-off ambientada no mesmo universo que os dous filmes de John Krasinski A Quiet Place, será o 8 de marzo de 2024. O director de Pig, Michael Sarnoski, encargará-se desta terceira entrega da franquía, que chega seis meses mais tarde do previamente anunciado.

A Quiet Place: Day One servirá principalmente coma precuela e amosará algúns dos acontecementos que tan só puideron ser albiscados brevemente ao comezo do segundo filme, cando as criaturas chegan á escena por primeira vez.

Non se espera que nin Emily Blunt nin Krasinski repitan os seus papéis para o novo filme, que ofrecerá unha ollada algo mais ampla ao universo do Mundo Silandeiro, aínda que non é de descartar que aparezan nalgún cameo. O que si que se agarda é que nalgún intre no futuro se dea unha conclusión á saga da família principal protagonista das dúas primeiras entregas.

Krasinski é o produtor deste proxecto xunto a Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller.