Grounded, da Xbox á tele

152

O guionista de Star Wars: Clone Wars e Star Trek: Enterprise Brent Friedman adaptará para a tele nunha nova série o videoxogo da Xbox Grounded.

Alcumada coma unha mestura entre A Bug’s Life e Honey I Shrunk The Kids, a série seguirá a catro amigos cuxos plans para antes de comezar a universidade ven-se trastornados cando atopan unha tecnoloxía de encollemento que lles fai medir cinco centímetros.

Agora deberán aprender a sobrevivir nun pátio traseiro que é para eles unha xungla chea de enormes depredadores e que agocha unha vasta conspiración corporativa que ameaza á toda a súa cidade.

Seica a série existirá no mesmo universo có videoxogo, que apareceu en xullo de 2020 e que aínda está por se publicar de xeito mais amplo a partir de setembro. Aínda así, hai xa mais de 10 millóns de xogadores participando.

Obsidian Entertainment e Xbox realizarán a adaptación en asociación coa Waterproof Studios/SC Productions, a Kinetic Media e a Bardel Entertainment. Friedman escribirá a história con Brien Goodrich.