Marc Forster dirixe o cemitério de Gaiman

744

A adaptación da Walt Disney Studios da novela The Graveyard Book de Neil Gaiman comeza a tomar forma co director Marc Forster encargado de se poñer á fronte do proxecto. A súa parceira Renée Wolfe será a produtora a través do selo 2Dux2 xunto a Gil Netter e Ben Browning. O guionista David Magee fora contratado xa hai uns días para escribir a película.

A novela supervendas publicou-se orixinalmente en 2008 e gañou vários prestixiosos prémios literários, entre eles a Medalla American Newberry. O argumento xira ao redor de Nobody “Bod” Owen, un rapaz criado polas pantasmas e os seres sobrenaturáis dun cemitério, entre eles o enterrador Silas, despois de que a súa família fora asasinada.

A Disney, Forster e Wolfe manteñen dende hai tempo estreitos lazos de colaboración, após de traballaren xuntos no filme con acción real de Winnie Pooh Christopher Robin, que tamén produciu a 2Dux2.

Para Magee esta será ademais unha nova ocasión de traballar con Forster, para quen escribiu o guión da celebrada Finding Neverland en 2004.