A Fantasía vende libros

0
207
Twilight
Twilight

Stephenie Meyer, cuxa novela Twilight orixinou unha franquía de vampiros que conduciu ao superéxito do cinema que chegou ás nosas pantallas o pasado mes de novembro, foi a escritora mais vendida nos Estados Unidos durante o ano pasado, con 15 millóns de cópias até o día 28 de decembro.

As novelas de Meyer acadaron catro dos postos do “Top Ten” (os dez millores) durante o 2008, e nove postos de entre as 50 máis vendidas.

A súa novela mais recente, Breaking Dawn, foi o libro mais vendido do ano, con 3.310.000 cópias, seguido moi de preto polo primeiro tomo da súa saga, Twilight, con 3.175.000 cópias. Non é nada habitual que un libro publicado hai xa vários anos regrese á lista dos mais vendidos, pero a súa novela de 2006 acadou un grande éxito por mor do lanzamento do filme, que xa ten unha secuela en preparación.

A autora de Harry Potter, J.K. Rowling, acadou o 8º posto grazas a Os Contos de Beedle o Bardo, seguido moi de preto polo libro Brisinger de Christopher Paolini no número 9.