A Disney+ quere ao Doutor Who

801

A Walt Disney Co. está a manter conversas preliminares coa BBC para se facer cos dereitos de streaming sobre a nova tempada de Doctor Who que protagonizará o actor Ncuti Gatwa. De chegaren a un acordo, a BBC emitiría o programa coma sempre, e logo pasaría decontado ao servizo da Disney+.

Gatwa fíxo-se co papel do Doutor na nova tempada nunha série famosa por se reinventar cada poucos anos, e desta volta agárda-se que sexa a súa maior volta de rosca dende que se reiniciou en 2005. A actriz Jodie Whittaker, a actual Doutora, rematará a súa andaina nun episódio especial que se emitirá en outono e no que se verá a presentación da décimo terceira reencarnación do Doutor.

Esta nova tempada, que comezará a se emitir o ano que ven, verá asemade o regreso de Russell T. Davies coma showrunner.