Gellar entra na camada

131

Sarah Michelle GellarSarah Michelle Gellar ven de se unir a Wolf Pack, a série spin-off de Teen Wolf que emitirá a Paramount+. O proxecto está baseado na saga de novelas homónima do escritor canadiano Edo Van Belkom e céntra-se en dous adolescentes californianos atrapados nun incéndio forestal e cazados por unha criatura sobrenatural. Gellar será a investigadora de incéndios Kristin Ramseye e úne-se a un elenco no que xa figuran Armani Jackson, Bella Shepard, Chloe Rose Robertson e Tyler Lawrence Gray.