Shatner cos Masters do Universo

132

William ShatnerO veterán William Shatner ven de anunciar que aparecerá na vindeira segunda tempada da série de debuxos animados de Kevin Smith Masters of the Universe na Netflix. Esta tempada, titulada Revolution, continuará a história do ano pasado, Revelation, que obtivo unhas críticas excelentes. Polo de agora non se sabe ren do argumento, pero Shatner é o primeiro confirmado para o proxecto.