DeVito, Schwarzenegger e o pequeno demo

324

A vindeira série de debuxos animados da canle FXX Little Demon servirá para reunir aos dous protagonistas da clásica comédia dos anos 80 Twins: Danny DeVito e Arnold Schwarzenegger.

DeVito, que é o productor executivo e estrela da série, confirmou a participación de Schwarzenegger no decurso da presentación da série na Comic-Con de San Diego, dicindo que “el tivo que estar alí cando gravou“.

A série está ambientada trece anos despois de que unha muller (Aubrey Plaza) fora preñada polo demo (Danny DeVito). Agora ela e mais a súa filla, o Anticristo, (Lucy DeVito) tentan vivir unha vida normal en Delaware, pero son constantemente acosados por forzas monstrosas, incluíndo a Satán, que quere a custódia da alma da súa filla.

Tamén se revelou que o lendário Mel Brooks prestará a súa voz a un persoaxe, e que Michael Shannon, Patrick Wilson, Dave Bautista, Will Jackson Harper, Pamela Adlon, Rhea Perlman, Shangela, June Diane Raphael, Toks Olagundoye, Eugene Cordero, Lennon Parham, Lamorne Morris e Sam Richardson son os outros protagonistas.

A série comezará a se emitir cunha pre-estrea de dous episódios a partir do xoves 25 de agosto.