O plan da Warner Brothers de lanzar Watchmen o vindeiro 6 de marzo podería despois de todo chegar a bó fin xa que os estudos e mais a 20th Century Fox están por acadar un acordo que peche a ágria desputa sobre os dereitos de distribución do filme de superheroes.
Os avogados de ambos os dous estudos revelaron o pasado venres que chegaran a grandes progresos cara a un acordo que rematase coa demanda interposta pola Fox perante un xulgado federal de Los Angeles e que ten previsto continuar adinte se non se chega antes a ese desexado acordo. Os representantes da Fox e da Warner non quixeron desvelar os termos dese posíbel acordo, que probábelmente sinificará a entrada da Fox no reparto dos benefícios do filme.
Un xuiz federal determinou o pasado 24 de decembro que a Fox é a propietária dos dereitos de distribución de Watchmen. A Warner non mudou polo de agora a data de estrea e mesmo comezou a emitir anúncios, o que fai pensar que o acordo está preto.
Ademais, este mesmo martes se soubo que a audiéncia prevista no tribunal foi cancelada, o que disparou os rumores sobre o acordo, que podería ser inminente. Algunhas fontes consultadas por NOVA FANTASIA confirmaron que de se chegar a un acordo, este podería supoñer á Warner o pago de várias decenas de millóns de dólares. En 2005 houbera un caso semellante polo filme Dukes of Hazzard que custou arranxar 17,5 millóns.