Estala a guerra por Tomb Raider

193

Os dereitos cinematográficos da saga de videoxogos Tomb Raider regresaron a mans da Embracer Group, a empresa de videoxogos sueca representada polo produtor Graham King e á súa compañía, a GK Films, tras dunha etapa de nove anos en poder da MGM. A Metro tiña até maio deste ano para lle dar luz verde a unha secuela, pero o prazo cumpriu-se sen que ningún proxecto saíse adiante.

En consecuéncia, a propiedade está agora aberta para que os estudos e as empresas de streaming poxen por adquiri-la durante os últimos días, e as cousas convertéron-se decontado nunha guerra de ofertas.

Como resultado do cámbio de propiedade, a planeada secuela do reinício de 2018 dirixida por Misha Green e protagonizada por Alicia Vikander está agora morta e agárda-se que o papel se dea a unha nova actriz.

O persoaxe de Tomb Raider, ou Lara Croft, fora interpretado por Angelina Jolie en dúas ocasións, en filmes de 2001 e 2003 producidas pola Paramount Pictures, e logo pasou a Wikander.