A canle AMC Networks está a desenvolver unha série que reinície o emblemático fenómeno pop dos anos 80 Max Headroom.
O actor Matt Frewer (Eureka, The Stand) interpretara á intelixéncia artificial fictícia Max Headroom, anunciado daquela coma “o primeiro presentador de televisión xerado por computadora” e coñecido polos seus sarcásticos comentários, polo seu constante tatexo e pola súa voz cambiando de tón a cada pouco.
Aínda que se anunciaba coma xerado por computadora, en realidade Max era un actor con maquillaxe protésica e lentes de contacto mentres levaba un traxe de plástico moldeado e estaba sentado fronte a unha pantalla azul. Após de debutar no telefilme Max Headroom: 20 Minutes into the Future de 1985, comezou a saír nun programa de seu, The Max Headroom Show do Channel 4, presentando vídeos e comentando a actualidade. A série rematou en 1987, pero o fenómeno continuou sendo parte da cultura popular dende entón.
Christopher Cantwell, guionista de cómics coma Doctor Doom, The Mask, Iron Man, Captain America ou Star Wars: Obi-Wan, escribirá a adaptación e será o showrunner, mentres que Frewer repetirá o seu papel de Max.
A All3Media, empresa propiedade de Elijah Wood, e mais a SpectreVision de Daniel Noah, producirán este proxecto.