Ritter nunha nova Orphan Back

214

Krysten Ritter (Jessica Jones) protagonizará e será a produtora executiva de Orphan Black: Echoes, unha nova série ambientada no universo de Orphan Black para a AMC Networks.

A série seguirá a un grupo de mulleres que interactúan na vida das demais, ao mesmo tempo que tentan resolver o mistério da súa identidade no proceso.

Ritter interpretará a Lucy, unha muller cunha “história de orixe inimaxinábel” que intenta atopar o seu lugar no mundo.

Orphan Black: Echoes é a continuación do thriller orixinal de ciéncia-ficción canadiana que se emitiu entre 2013 e 2017 e que protagonizou Tatiana Maslany en múltiples papeis coma distintos clons xeneticamente idénticos.