EN BREVE 27. Mar 2024 A estrela da série da Amazon Reacher , o musculoso actor de moda Alan Ritchson , será o protagonista de War Machine , unha película de ciéncia-ficción e acción dirixida e escrita por Patrick Hughes que se estreará na Netflix, e da que polo momento só se deu a coñecer esta liña do argumento: "Nas derradeiras 24 horas do proceso de selección mais duro do mundo, unha equipa de Rangers do exército atopa unha ameaza mais aló da súa imaxinación ".
15. Mar 2024 A New Line non semella ter moitas esperanzas postas na nova adaptación ás pantallas grandes da clásica novela de terror de Stephen King Salem's Lot , que se rematou de rodar en 2022, porque ven de decidir xunto á Warner Bros. Discovery que o filme non chegará ás salas de cinema e pasará directamente ao servizo de streaming Max a finais de ano, sen que polo de agora se dera a coñecer unha data concreta. As especulacións mesmo aseguran que a Warner podería facer deste outro caso coma o de Batgirl ou Coyote vs. Acme e simplemente eliminar o filme por completo para aforrar impostos.
15. Mar 2024 Tan só unha semana antes de que a Marvel Studios estree a súa longamente agardada série de debuxos animados X-Men '97 , o creador Beau DeMayo foi despedido fulminantemente sen que nin el nin a Disney deran ningunha explicación ao respeito. DeMayo, un habitual guionista da Marvel, traballou tamén en Moon Knight e no vindeiro filme Blade . A súa conta de Instagram foi completamente eliminada, polo que se sospeita que esta podería ter algunha relación co caso.