The Flash remata tras nove anos

793

A série The Flash da canle The CW chegará oficialmente ao seu remate coa vindeira novena tempada que se estreará en 2023.

A canle anunciara en maio que a próxima tempada pararía á súa metade e que o protagonista Grant Gustin chegara a un acordo de continuar un ano mais, facendo outros 15 episódios coma máximo. A CW quere agora que Barry estea presente en toda a tempada, para o cal decidiu-se que esta durará só 13 episódios.

Iris West-Allen (Candice Patton) e Caitlin Snow (Danielle Panabaker) tamén estarán en toda a derradeira tempada. Jesse L. Martin (Joe West na série) comprometeu-se só por 5 capítulos, pero poderían ser mais se a súa axenda llo permite.

Con estas novas, The Flash rematará xusto unhas semanas antes da estrea do filme previsto para o 23 de xuño de 2023, protagonizado polo polémico Ezra Miller, quen xa fixo un cameo na série. Mália isto, e mália que se agarda que este cameo teña implicacións no multiverso da DC, o remate da série non se relaciona co filme de ningún outro xeito.

The Flash foi o programa de mais éxito e mais duradeiro do Arrowverso, que agás Superman & Lois xa se despediu de todas as súas outras séries.