Idris Elba protagonizará e David Leitch dirixirá un filme que adaptará ás pantallas da Netflix o título de cómic Bang! da editorial Dark Horse.
No filme, unha seita terrorista propón-se iniciar o apocalipse antes de tempo cunha série de novelas destinadas a lavar o cerebro dos seus lectores. Elba interpretará ao espía mais famoso do mundo, que é enviado para localizar e asasinar á autora responsábel, unha xubilada de mais de 60 anos.
O cómic orixinal, que foi descrito coma unha mestura entre James Bond e Tintín, conta cun guión de Matt Kindt e os debuxos de Wilfredo Torres. Leitch, Kelly McCormick, Mike Richardson e Keith Goldberg serán os produtores do filme.
Este proxecto ven a sumar-se a outras tres adaptacións da Dark Horse pendentes ou xa iniciadas pola Netflix: Mind MGMT, Revenge Inc. e Lady Killer.