Os opostos atráen-se

0
168

chandrakharO director da Broken Lizard Jay Chandrasekhar ven de asinar o contrato polo que será o encargado do filme Opposites Attract, unha comédia de intercámbio de corpos producida pola Bold Films.

Escrita por Dan Ewen, Opposites céntra-se nunha parella de mozos que debe “camiñar unha milla nos zapatos do outro” para conseguir que a súa relación funcione.

A Bold e mais Chandrasekhar tentarán facer un filme dirixido ao público adulto co subxénero do cámbio de corpos mentes tentan explorar as diferéncias entre os sexos.

Chandrasekhar dirixiu filmes da produtora Broken Lizard coma Super Troopers e Beerfest e desexa continuar traballando coa súa equipa habitual. O novo filme non será unha produción da Broken Lizard. Chandrasekhar tamén dirixiu o relanzamento da franquía dos Dukes of Hazzard en 2005, así coma algúns episódios da série da NBC Chuck.