Supergirl tamén recibe o machado

177

Sasha CalleApós da morte do filme de Batgirl, seica hai outro que será abortado mesmo antes do comezo da rodaxe: o proxecto de Supergirl, que levaba en desenvolvemento dende 2018, e que ía protagonizar Sasha Calle, a quen polo tanto só veremos nun cameo en The Flash. A compañía dona dos dereitos, a Warner Bros. Discovery, ten mentres tanto previsto publicar axiña un informe de contas, no que se prevé o anúncio do despido de milleiros de traballadores.