O protagonista e creador da série The Orville, Seth MacFarlane, dixo nunha entrevista que aínda existe a posibilidade de facer unha cuarta tempada, que dependerá da acollida que lle dean os espectadores á série unha vez sexa emitida pola Disney+. A série comezou a súa andaina na canle Fox e logo pasou á Hulu, recibindo moi boas críticas, pero o elenco foi despedido xa hai meses e agora o regreso de todos eles semella complicado.