Desconcerto con The Sandman

175

The SandmanMoitos espectadores da série The Sandman na Netflix queixáron-se por algunhas escenas que semellan distorsionadas, con rostros alongados e unha fasquía surrealista, temendo que houber un fallo na transmisión. A Netflix tivo que saír ao paso e aclarar que os efectos foron deseñados a mantenta e que simbolizan o mundo dos soños no que se move o protagonista. Polo de agora as críticas son positivas, pero os números de audiéncia non semellan moi prometedores.