Os Reguladores se achegan ao cinema

226

A compañía Bohemia Group está a traballar na adaptación cinematográfica de The Regulators de Stephen King, con George Cowan encargado de escribir un guión que seica xa aprobou o mesmo King.

A história orixinal desenvólve-se en Wentworth, Ohio, onde a paz de Poplar Street, unha rúa suburbana cotiá, rácha-se cando catro furgonetas con “reguladores” armados con escopetas aterrorizan aos residentes da rúa, matando a calquera que sexa parvo abondo coma para saír da súa casa.

As casas transforman-se en cabanas de madeira e a rúa remata no que semella unha paisaxe do oeste debuxado a man por un neno. O cerebro de todo isto é unha criatura maligna que se apoderou do corpo dun neno autista cuxos pais foron asasinados nun tiroteo meses atrás.

Por suposto, aínda non se sabe o grao de fidelidade da adaptación ao libro orixinal, e polo momento non se anunciou o elenco nin datas de rodaxe. Pero King xa dixo nunha entrevista que está encantado de que The Regulator chegue ás pantallas: “isto vai ser bó“.

A novela naceu coma un guión cinematográfico para o que King recibiu notas do director Sam Peckinpah pouco antes de morrer. É coñecida sobre todo por ser a obra compañeira ou irmá doutra novela de King, Desperation, xa que ambas conteñen os mesmos persoaxes, aínda que en circunstáncias diferentes. Basicamente son o mesmo relato, pero contado dende dous puntos de vista totalmente distintos.

King escribiu esta obra baixo o seu seudónimo de Richard Bachman, que levaba moito tempo sen utilizar, e xusto cando só uns poucos anos antes se revelara oficialmente ao público que ambos eran a mesma persoa.