Sam Jackson non será Nick Fúria

0
218

Nick FurySamuel L. Jackson non será definitivamente Nick Fúria na vindeira longametraxe que a Marvel Studios prepara sobre Iron Man.

O actor, que xa fixera un cameo nese papel do persoaxe nunha escena após dos títulos de crédito da primeira parte, revelou que as conversas que se mantiñan para que regresase ficaron definitivamente rachadas.

Houbo unha espécie de grande negociación que se rachou. Non sei. Se cadra non serei Nick Fúria. Se cadra algún outro será Nick Fúria ou se cadra Nick Fúria non estará no filme. Seica hai unha crise económica no mundo da Marvel Comics asi que me dixeron que non imos pechar o trato“.

Pola súa banda, os representantes dos estudos Marvel dixeron que eles non fan comentários sobre negociacións en curso.