Barris fará o remake do Meigo de Oz

177

O guionista e produtor Kenya Barris, creador do sitcom Black-ish, ven de recibir o encargo de escribir e dirixir a nova versión para o cinema do clásico libro de L. Frank Baum The Wonderful Wizard of Oz para a Warner Bros. Pictures e a New Line.

Esta será unha adaptación totalmente nova, pero ao contrário doutras, esta non terá reparos en coller elementos procedentes doutras versións anteriores, e especificamente da mais clásica película de 1939, gañadora de dous Oscars, coma os famosos sapatos vermellos.

Barris fai-se cargo do posto que até agora estaba reservado para Nicole Kassell (The Woodsman, Watchmen) quen ía ser o director orixinalmente e que agora deixa o posto. Darren Lemke, Neil Widener e Gavin James escribiron anteriores versións do guión.