A segunda parte de Black Phone

159

The Black PhoneO realizador Scott Derrickson (Sinister, Doctor Strange) confirmou que hai conversas para facer unha secuela de The Black Phone, o éxito deste verán protagonizado por Ethan Hawke, que cun orzamento de 18 millóns de dólares xa leva recadados mais de dez veces esa cifra. O filme, baseado nunha novela do escritor Joe Hill, vai sobre un neno secuestrado que recibe chamadas telefónicas das pantasmas doutros nenos vítimas do mesmo criminoso.