O actor Ezra Miller publicou onte un comunicado por médio do seu representante, no que anúncia que quere buscar tratamento psicolóxico por mor de “complexos problemas de saúde mental“. O anúncio chega despois de meses de comportamentos erráticos, problemas legais, detencións, denúncias de ataques, roubos, e en definitiva, un desastre de relacións públicas para a Warner Bros. Pictures, onde Miller ten aínda pendente de estrea o filme The Flash para o verán que ven.