O director Wolfgang Petersen (Emden, Niedersachsen, 1941) finou onte por mor dun cancro pancreático na súa casa de Califórnia, acompañado da súa muller Maria Antoinette, con quen levaba casado 50 anos. Aínda que após de trunfar en Alemaña con Das Boot e de que os seus maiores éxitos foran acadados en típicos filmes de acción holliwoodense nos anos 90, cómpre salientar tamén dous clásicos do xénero fantástico: The Neverending Story (1981) e Enemy Mine (1985).