O Fantasporto 2008 xa está aquí!

0
161

Cartace do FestivalO 28º Festival Internacional de Cinema do Porto, o Fantasporto 2008, comeza mais cedo este ano. A 28ª edición volve elevar a cidade do Porto a capital mundial do cinema fantástico. Ademáis do aumento de salas onde van ser exibidos os filmes Fantas (Teatros Rivoli e Sá da Bandeira, e outras 10 salas de cinema Lusomundo espalladas por Portugal), a apertura oficial está marcada para o início do festival, o luns 25 de febreiro ás 21:30h no Grande Auditório do Teatro Rivoli.

A sesión de apertura será antecedida por un espectáculo multimédia e animación diversa na entrada do Rivoli. Un cordón vermello, robots de luces e teatro de rúa axudarán ao glamour co que se vai celebrar este início de festa. Na sala, unha apertura diferente, un espectáculo que antecede á grande antestrea que marca o início do evento.

Haberá cinema para todos os gostos nesta edición. Confirmado está o filme Breath de Kim Ki Duk, realizador ben coñecido do público do Fantasporto por filmes coma The Isle ou The Bow. Integra o núcleo de filmes que foron seleccionados para a 18ª Semana dos Realizadores e para a Sección Oficial Competitiva Orient Express. Para este sector foron escollidos os millores filmes da produción oriental do ultimo ano. Do Xapón, Corea do Sul, Tailandia, entre outros. Cinema de terror, acción e ciéncia-ficción con impronta do Oriente constrúe esta sección. Hai tamén que contar, ainda, com o mais recente filme de Chan wook Park, o responsábel por Oldboy aqui apresentando unha história de amor “tecnolóxica”: I’m a Cyborg, But That’s Ok é o filme.

De Rúsia e para a competición no Sector Oficial de Cinema Fantástico, unha produción digna de Hollywood, o magnífico Wolfhound de Nicolai Lebedev. O marabilloso mundo dos feiticeiros e das espadas como vimos en O Señor dos Anéis atopará aqui un novo heroe.

O cinema portugués terá representación con diversas curtametraxes con sesións especiais, e ademáis este ano, hai, tamén unha novidade, unha competición entre escolas de cinema e várias antestreas nacionais.

Na sua 28ª edição, o Fantasporto 2008 homenaxeará ao cinema de Dinamarca, que conta con nomes que van dende Dreyer até Lars Von Trier ou Anders Thomas Jensen. Ademáis, haberá outra homenaxe especial para Fernando Lopes, o realizador portugués de obras coma Belarmino (1964), Uma Abelha na Chuva (1972), ou mais recentemente O Delfim (2002).

O fantástico e o terror tradicionais voltan ao Fantasporto a través dunha selección de filmes incluídos en várias seccións e retrospectivas. Salve-se Quem Puder é o nome de deses espazos de programación onde os vampiros, os zombies ou até os tomates asasinos van espallar o pánico. Os mais ousados van poder ver obras coma Lorna de Russ Meyer, Glenn or Glenda de Ed Wood e até The Undead de Roger Corman, entre outros. A Série BZ é outra das seccións deste Fantasporto no Sá da Bandeira. O anime Urotsukidoji vai amosar o que a mente dos xaponeses é capaz de facer. Moito sexo e violéncia nun filme estritamente para maiores de 18 anos. Finalmente, de Paquistán chegará Hell’s Ground.

O final de festa do Festival espera-se rachador. No sábado, 8 de marzo, o Grande Auditório do Teatro Rivoli voltará a vestir traxe de gala para fechar a festa do cinema no noso país irmán. A partir das 21:30h coñecerán-se os vencedores do Fantasporto 2008.