Nunha abraiante e inesperada saída, o actor Jordan Elsass non regresará para a terceira tempada de Superman & Lois ao seu papel do fillo maior da parella protagonista, Jonathan Kent.
Nun comunicado publicado onte á note, a Warner Bros. Television di: “Jordan Elsass ven de notificar aos estudos que non volverá a Superman & Lois para a terceira tempada por mor de razóns persoais. O papel de Jonathan Kent será dado a outro actor“.
Os estudos non deron a coñecer mais detalles sobre os motivos deste abandono, pero fontes xornalísticas afirman que non serían causas laborais, senón que Elsass leva loitando con sérios problemas persoais, algúns deles posibelmente relacionados coa saúde mental.
Elsass é un dos catro protagonistas principais da série dende o seu comezo, no papel do fillo maior de Clark Kent (Tyler Hoechlin) e Lois Lane (Elizabeth Tulloch) e irmán do superpoderoso Jordan (Alexander Garfin).
O persoaxe non desaparecerá, porque o showrunner Todd Helbing xa mencionara anteriormente que a equipa de produción quere dar-lle mais peso e introduci-lo na vida dos superheroes aínda mais do que o estaba nas anteriores tempadas.
En calquera caso, esta saída produce-se seis semanas despois de que a série emitira o seu episódio de final de tempada, e antes de que a próxima quenda, a terceira, comece a se producir en Vancouver dentro de pouco.