McG quere a Will Smith para Nemo

0
240

willsmith2O director McG (Charlie’s Angels, Terminator Salvation) quere que a megaestrela Will Smith interprete ao Capitán Nemo na súa recentemente anunciada precuela de 20.000 légoas de viaxe submariña para a Disney Pictures.

O persoaxe de Nemo neste filme vai mais sobre unha obsesión, está obsesionado e a xente tende a esquecer que cando estás tan obsesionado rematas por ser o malvado. Estou tentando que Will Smith o faga, tentando que acepte asinar. Xa levo moito tempo tentando traballar con el. Ese tío é xenial“, dixo McG.

O filme é unha história orixinal, baseada no clásico de Jules Verne, e cos mesmos escenários, pero narrará a suposta orixe do seu submariño, o Nautilus.