O actor de 38 anos nominado ao Oscar en 2011 Jesse Eisenberg confirmou que interpretará ao Bigfoot nun vindeiro filme. No decurso do 28° festival de cinema de Saraievo, que rematou o pasado venres, Eisenberg dixo que fará o devandito papel, totalmente cuberto de pelo, e que só gruñirá, pero non falará. Os directores David e Nathan Zellner xa abordaran o tema nunha curta de 2010 titulada Sasquatch Birth Journal 2, e agora queren facer unha película enteira.