Reeves traballará para a Warners

160

Matt ReevesO director responsábel de The Batman e de Dawn of the Planet of the Apes, Matt Reeves, e mais a súa compañía produtora, a 6th & Idaho, veñen de chegar a un acordo de primeiro lance coa Warner Bros. Pictures. Baixo o novo contrato, a Warners será a primeira en considerar calquera novo proxecto de Reeves coma guionista, director ou produtor. O realizador neoiorquino está arestora a traballar na secuela de The Batman xunto a Mattson Tomlin.