Owen Teague, novo xefe dos símios

485

Owen Teague (IT, The Stand) será o símio protagonista da vindeira entrega da nova triloxía da série do Planeta dos Símios na 20th Century Studios. Wes Ball, director de The Maze Runner, fará-se cargo do proxecto, que ten previsto comezar a produción antes de que remate este ano.

Polo de agora non seu a coñecer ningún detalle sobre o que acontecerá nos vindeiros capítulos da saga, pero a franquía converteu-se nunha prioridade para a Disney dende que adquiriron a Fox. Ball levaba vencellado ao posto de director dende 2019 e a princípios deste verán entregou por fin o guión, que é o que fixo que as cousas se poñan de novo en marcha.

A contratación dun elenco para o filme comezou xa o pasado mes de xuño, e nestes intres están á procura dalguén que se faga cargo do papel do humano principal. Teague pola súa banda fixo probas de pantalla hai unas semanas e lle ofreceron o posto, que aceptou decontado.