A Warner Bros. Pictures continúa a fornecer malas novas, aínda que neste caso non son definitivas. O mais salientábel é que haberá un enorme atraso na estrea de dous dos filmes mais agardados polos fans da DC.
O meirande adiamento é o da longametraxe dirixida por James Wan Aquaman and the Lost Kingdom, que pasará de marzo de 2023 ao 25 de decembro de 2023, é dicir, nove meses mais. E o outro é o de Shazam!: Fury of the Gods, que estaba orixinalmente previsto para nadal deste ano e que pasará a ocupar o posto que deixa baleiro Aquaman, é dicir, o 17 de marzo de 2023.
Mentres tanto, o filme Evil Dead Rise, que estaba destinado a se estrear directamente no servizo de streaming da HBO Max, pasará agora ás salas de cinema a partir do 21 de abril de 2023. Seica o filme, que conta coa produción de Sam Raimi, pasou probas de pantalla e estas foron tan positivas que os directivos da Warners gañaron confianza no proxecto. Pero aínda que esta semella unha boa nova, chega ao custe de eliminar da grella o remake de Salem’s Lot, que agora deixa de ter unha data fixada de estrea, co futuro pendente dun fío.
Finalmente, a secuela da película de 2018 The Nun estreará-se o 8 de setembro de 2023.
Todos estes cámbios significan polo tanto que a Warner Bros. Discovery fica agora con só dúas películas para estrear de aquí até fin de ano, e unha delas é Black Adam.