Slater é un ogro en Spiderwick

396

Christian Slater será un dos viláns principáis da vindeira série de televisión que adaptará para as pequenas pantallas a novela de Tony DiTerlizzi e Holly Black The Spiderwick Chronicles na Disney+.

A série vai sobre unha família que se muda á casa do seu tío avó e descubre que hai un mundo de fadas que existe paralelo ao noso. Slater interpretará ao persoaxe de Mulgarath, un ogro malvado cun insaciábel desexo de comer e que quere apoderar-se dos segredos contidos no libro de Arthur Spiderwick, Field Guide to the Natural World, para un perverso plan que satisfará a súa fame dunha vez por todas.

O libro xa fora adaptado ás pantallas, neste caso as do cinema, nun filme de 2008 dirixido por Mark Waters e protagonizado por Freddie Highmore, Sarah Bolger e Mary-Louise Parker, e mais a un videoxogo desenvolvido pola Stormfront Studios no mesmo ano.

A Paramount Television Studios e a 20th Television están atrás deste proxecto, que conta co guionista Aron Eli Coleite coma showrunner. Kat Coiro será a directora dos primeiros dous episódios e ademais a produtora executiva.