Simu Liu pása-se ao lado escuro

449

O protagonista de Shang Chi and the Legend of the Ten Rings, Simu Liu, amosará o seu lado mais escuro no proxecto da Netflix Atlas, no que interpretará ao vilán oposto a Jennifer Lopez.

Ademais de Liu, Sterling K. Brown e Abraham Popoola fixéron-se con outros dous papéis principáis neste filme, que contará con Brad Peyton (Rampage) coma director a partir dun guión de Aron Eli Coleite e Leo Sardarian.

Lopez pola súa banda fai o papel de Atlas, unha muller que loita pola humanidade nun futuro onde un soldado provisto de intelixéncia artificial determinou que o único xeito de rematar coas guerras é rematar con todos os seres humáns. Para combater a este soldado robótico, Atlas deberá traballar xunto á única cousa que o soldado teme: outra intelixéncia artificial.

Peyton, Lopez, Joby Harold, Tory Tunnell, Elaine Goldsmith-Thomas, Benny Medina, Greg Berlanti e Sarah Schechter son os produtores.