A Netflix confirmou onte que producirá Parasyte: The Grey, unha adaptación con acción real do manga de ciéncia-ficción orixinal de Hitoshi Iwaaki, e que contará coa dirección de Yeon Sang-ho, o responsábel do éxito de zombis Train To Busan.
A história de Parasyte vai sobre un grupo de seres humáns nunha guerra contra unha forma de vida non identificada, un parasito que está a medrar cada vez mais e que se apodera das persoas, arrincándo-lles a súa vontade para obter poder.
A actriz coreana Jeon So-nee interpretará a Jeong Su-in, unha muller que cae vítima do parasito, pero cando este tenta apoderar-se do seu cerebro, ela é capaz de entrar nunha estraña coexisténcia con el.
Koo Kyo-hwan fai o papel dun investigador do parasito que está tentando atopar á súa irmá perdida. E Lee Jung-hyun será o líder do grupo especial “Team Grey”, unha forza que ten coma misión a de loitar contra os invasores.
O manga orixinal, titulado Kiseijū (“Bestas Parasitárias” en galego) foi publicado dende 1988 até 1995 e adaptado previamente a dúas séries de debuxos animados xaponesas. A obra leva xa vendidas mais de 25 millóns de cópias en todo o mundo.