Connelly entra na matéria escura

281

Jennifer Connelly e mais Joel Edgerton protagonizarán Dark Matter, unha nova série no servizo exclusivo de Apple+ baseada na novela homónima de Blake Crouch.

A história vai sobre Jason Dessen (Edgerton), un físico e pai de família que, unha noite mentres camiña de volta a casa polas rúas de Chicago, é abducido a unha versión alternativa da súa vida. O milagre convérte-se axiña en pesadelo cando intenta volver á súa realidade no médio do multiverso de vidas que podería ter vivido.

Neste labirinto de realidades alucinantes, comeza unha angustiosa viaxe para volver coa súa verdadeira família e salva-la do inimigo mais aterrador que se poida imaxinar: el mesmo.

Connelly, que ven de colleitar grandes loubanzas pola súa aparición no éxito do ano, Top Gun: Maverick, interpretará a Daniela, a muller de Jason.