Thompson e Gordon-Levitt, mistério no espazo

633

Tessa Thompson e mais Joseph Gordon-Levitt protagonizarán o thriller de ciéncia-ficción Ash, que dirixirá o responsábel de Kuso, Steven Ellison (mais coñecido polo seu alcume artístico de Flying Lotus) para a XYZ Films, a GFC Films e a Echo Lake Entertainment.

Ellison comporá ademais unha banda sonora orixinal para Ash, que comeza cando unha muller (Thompson) esperta nun planeta afastado e atopa á tripulación da súa estación espacial horribelmente asasinada. Daquela, deberá decidir se pode confiar no home (Gordon-Levitt) enviado para rescata-la. Pero a medida que a súa investigación sobre o que pasou pon en marcha unha aterradora cadea de acontecementos, el comeza a se preguntar até que punto ela é realmente inocente.

Jonni Remmler escribiu o guión orixinal, e a rodaxe ten previsto comezar en Nova Celándia o ano que ven. Neill Blomkamp será o produtor executivo.