Mais cómicos chegan a Zombie Town

529

Os cómicos Dan Aykroyd e Chevy Chase veñen de se unir ao elenco de Zombie Town, unha longametraxe de amor e mistério para adolescentes baseada na novela homónima de R.L. Stine, o autor multivendas responsábel das séries Goosebumps e Fear Street.

O libro vai sobre unha vila tranquila, que se vé trastornada cando Mike (Marlon Kazadi), de doce anos, e a súa amiga Karen (Madi Monroe), ven unha película de terror chamada Zombie Town e inesperadamente ven aos persoaxes do filme chimpar da pantalla e persegui-los polo cinema.

Os outros protagonistas serán Henry Czerny (Mission: Impossible) e mais os comediantes da troupe “Kids in the Hall” Scott Thompson e Bruce McCulloch. A película comezou xa a súa rodaxe en Ontario baixo a dirección do animador e realizador canadiano Peter Lepeniotis.

Zombie Town estreará-se nas salas de cinema e logo pasará á Hulu en 2023.