Mary Elizabeth Winstead e mais Xochitl Gómez (America Chavez en Doctor Strange in the Multiverse of Madness) serán as protagonistas do novo thriller de ciéncia-ficción Ursa Major, que dirixirán Jonathan e Josh Baker.
A parella interpretará a Charlie e Natalie, nai e filla loitando por sobreviviren nun planeta semellante á Terra, mentres se agochan dunha banda de cazadores implacábeis e coa ameaza engadida dunha tormenta letal que está a se achegar.
Pero Natalie, que é unha adolescente, comezou a se preguntar polas decisións da súa nai, a súa explicación de quen son, como chegaron até alí e por que agora necesitan agochar-se.
Os irmáns Baker dirixen a partir dun guión orixinal que escribiu o creador da série distópica Station Eleven, Patrick Somerville, xunto a Colleen O’Brien e Katie French. Somerville, John Finemore, Mason Novick, David Eisenberg, Allen Fischer e Brian Steinberg serán os produtores.