Ricardo Montalban morre aos 88 anos

874

Ricardo MontalbanRicardo Montalban, o actor de orixe mexicana coñecido polo seu papel de Sr. Roarke vestido cun traxe branco na série Fantasy Island, finou o pasado mércores en Los Angeles aos 88 anos de idade.

Montalban fíxo-se cun nome no mundo do cinema nos anos 70 grazas ao seu papel na popular série creada por Aaron Spelling e emitida pola ABC. Pero durante a súa longa carreira no mundo do espectáculo, Montalbán apareceu en dúcias de filmes, anúncios, en Broadway e en séries de televisión.

Montalban resultara ferido nun accidente de equitación mentres rodaba Across the Wide Missouri en 1951 e após dunha operación na súa médula espiñal en 1993 ficou confinado nunha cadeira de rodas dende aquela, ainda que de todos os xeitos continouo traballando, emprestando a súa peculiar voz para persoaxes de debuxos animados en séries coma Pai de Família, Kim Possible ou Dora a Exploradora.

Montalban gañou un Emmy polo seu papel na série de James Arness Como se conquistou o Oeste en 1978, o mesmo ano que Fantasy Island comezou a se emitir os sábados pola tarde na canle ABC. Após do remate da série en 1984, apareceu no folletón Os Colby de 1985 a 1987 e interpretou a Khan Noonien Singh na série Star Trek e no filme de 1982 Star Trek II: A Ira de Khan.

Ademais, nos anos 70 apareceu nos filmes Fuxida do Planeta dos Símios e A Conquista do Planeta dos Símios.