Sapochnik abandoa House of the Dragon

401

Miguel SapochnikMiguel Sapochnik, o showrunner de House of the Dragon, ven de abandoar a série tan só dous capítulos despois da súa estrea. Aínda que a nova colleu por sorpresa a todo o mundo, a súa decisión seica débe-se ao seu desexo de facer outros proxectos na HBO. En todo caso, agora Ryan Condal será o único showrunner e seguirá traballando co autor e co-creador George R.R. Martin.